Mañá comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario “xestión comercial de vendas. Nove empresas súmanse as mais de 100 empresas que colaboraron con nós admitindo a alumnos/as en prácticas.
Neste caso as empresas : KIABI ESPAÑA KSCE S.A,; VIAJES MARTE, S.L.; MEDIAMARKT SANTIAGO S.A, LIBRERÍA FOLLAS NOVAS S.L; DELTACARCO S.L.U; MERCARTABRIA S.L.U; PIJUS MAGNIFIKUS S.C; TEULA SISTEMAS S.L; TNT TATOO
Durante 80 horas, dende o día 14 ao 25 de setembro, o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:
- Organización de la actividade comercial.
- Xestión de operacións comerciais.
- Integración y comunicación en el centro de traballo
Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.
A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil



