O oito de novembro trece mozos/as rematan un novo itineraio formativo: Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmódicos.
Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para montar e manter sistemas domóticos e inmóticos, aplicando as técnicas e procedementos requiridos en cada caso , conseguindo os criterios de calidade, cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e medioambientais da empresa, e a normativa de aplicación vixente.
Dende o vinte de xullo ate o 8 de outubro recibiron trescentas sesenta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:
- Montaxe de sistemas domóticos e inmóticos.
- Mantemento de sistemas domóticos e inmóticos
A maiores recibiron sesenta horas en inglés, informática e fomento da igualdade entre homes e mulleres.
O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais
Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos postos ou ocupacións :
- Instalador/a domótico de vivendas.
- Instalador/a inmótico de edificios
- Técnico de mantemento de sistemas domóticos e inmóticos.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil



