POÑEMOS EN MARCHA dous novos itinerarios: Organización e xestión de almacén e agricultura ecolóxica e ecomerce
No programa Mocidade con Emprego xa temos en marcha sete itinerarios e na primeira semana de maio comezaremos outros dous: Organización e xestión de almacén e Agricultura ecolóxica e ecomerce. Mil cincuenta horas de formación teórico práctica durante as cales o alumnado mellorará a súa empregabilidade .
FINALIZOU O ITINERARIO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
O alumnado do itinerario de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” finalizou a súa formación neste ámbito profesional. Foron 530 horas de formación nun curso que se desenvolveu do 18 de decembro de 2017 ao 13 de abril de 2018.
Comezan dous novos itinerarios: Actividades auxiliares de almacén e recepción en aloxamentos.
No programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego comezamos con dous novos itinerarios: “Actividades auxiliares de almacén” e “Recepción de aloxamento” En total foron seleccionados trinta e catro mozos e mozas.
Os coidados a terceira idade é un dos sectores onde hai unha demanda crecente de profesionais
A porcentaxe de persoas maiores de sesenta e cinco anos e cada vez maior. Isto fai que este sector sexa considerado como un novo nicho de emprego. Por elo, dende o dezaoito de decembro, estamos a cualificar profesionalmente a dezasete mozos e mozas para que adquiran as competencias requiridas para traballar neste sector.





