Nove empresas acollen en prácticas profesionais non laborais ao alumnado do curso de Xestión comercial de vendas
Mañá comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario “xestión comercial de vendas. Nove empresas súmanse as mais de 100 empresas que colaboraron con nós admitindo a alumnos/as en prácticas.
O ALUMNADO/A DE AGRICULTURA ECOLÓXICA E E-COMMERCE COMPLETOU A FORMACIÓN
Vén de finalizar o itinerario de “Agricultura ecolóxica e e-commerce”, de 600 horas de duración, que se desenvolveu do 4 de maio ao 6 de setembro de 2018. As persoas participantes adquiriron as competencias necesarias para realizar as operacións de manexo, mantemento, produción e recolección de cultivos nunha explotación agrícola ecolóxica, aplicando criterios de calidade, […]
COMEZA O PERÍODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESA DO ALUMNADO DE XESTIÓN DE REPOBOACIÓNS FORESTAIS E DE TRATAMENTOS SILVÍCOLAS
Os alumnos/as do itinerario de “Xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas” comezan hoxe o período de prácticas en empresas do sector. Este módulo de prácticas finalizará o día 14 de setembro, tendo unha duración total de 80 horas. O obxectivo é que o alumnado poida aplicar en empresas aquelas aprendizaxes que adquiriron durante […]
A nova normativa que rexe o aluguer e venda de inmobles xerará novos postos de traballo no sector da certificación enerxética
En xuño do 2013 entrou en vigor unha Directiva Europea que obriga a dispoñer dun certificado enerxético dos inmobles para alugalos ou vendelos, para facer posible esa certificación enerxética e preciso facer unha Avaliación da Eficiencia Enerxética das Instalacións de Edificios.
O alumnado de desenvolvemento de proxectos de automatización industrial completa a súa cualificación profesional coa realización de oitenta horas de prácticas
Xa levamos realizadas mais de novecentas horas de prácticas profesionais non laborais. O día catro de setembro, realizaremos oitenta horas mais.. Ese día comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Desenvolvemento de proxectos de automatización industrial





