O 20 de xullo comezamos có itinerario de formación “Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos”, da familia profesional de electricidade e electrónica.
Dezasate mozos e mozas, durante cincocentas corenta horas (dende o vinte de xullo ate o oito de novembro) recibirán formación específica na montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos, aplicando as técnicas e procedementos requiridos en cada caso, cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e medioambientais e a normativa vixente.
Tamén recibirán formación transversal en inglés, informática e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Completarase a súa formación coas prácticas profesionais non laborais en empresas de Santiago, durante oitenta oras.
Os próximos itinerarios formativos que levaremos a cabo serán os de xestión de residuos urbanos e industriais e o de eficiencia no uso da auga en edificios, viabilidade de instalacións solares e promoción do uso eficiente da enerxía. PONTE EN MARCHA¡ e inscríbete na nosa web si queres participar neles.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil



