Finaliza un novo itinerario
O catorce de decembro rematamos o derradeiro itinerario formativo do programa Mocidade con Emprego.. En total realizamos dezanove itinerarios formativos dende setembro de dous mil dezasete. Nos que impartimos seis mil setecentas cincuenta horas de formación específica e mil duascentas corenta horas de formación transversal
Visita a exposición En negro contra as violencias
O alumnado do itinerario Xestión de residuos urbanos e industriais, acompañado pola docente do módulo de Fomento de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, visitou a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.
O alumnado do itinerario Operacións de estacións de tratamento de augas rematou a súa cualificación profesional
O vinte e dous de novembro rematamos un novo itinerario . En total xa levamos impartidas seis mil catrocentas noventa horas de formación específica, mil cento corenta horas de formación transversal e mil catrocentas noventa horas de prácticas profesionais non laborais.
Rematamos un novo itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais
O vinte e un de novembro oito mozos/as rematan un novo itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais. Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para recoller, transportar, valorizar e eliminar os residuos urbanos e industriais
Comezamos un novo período de prácticas profesionais non laborais
Dende o Programa Mocidade con Emprego realizáronse mil seiscentas dez horas de prácticas profesionais non laborais. Este catorce de novembro de dous mil dezaoito comeza un novo módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Eficiencia no uso da auga en edificios, viabilidade de instalacións solares, promoción do uso eficiente da enerxía.





