O vinte e un de novembro oito mozos/as rematan un novo itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais.
Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para recoller, transportar, valorizar e eliminar os residuos urbanos e industriais
Dende o vinte de agosto ate o once de outubro recibiron duascentas setenta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:
- Xestión de residuos urbanos
- Xestión de residuos industriais
- Seguridade e saúde
A maiores recibiron oitenta horas de formación transversal en inglés, informática, habilidades sociais e fomento da igualdade entre homes e mulleres.
O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais
Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos postos ou ocupacións :
- Operador/a de instalacións de tratamento e eliminación de residuos
- Operador/a de planta de tratamento de residuos sólidos urbanos
- Operador/a de planta de tratamento de residuos forestais, agrícolas e industriais
- Recolledor/a de lixo.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil



