O vinte e cinco de xaneiro transcurriron seis meses dende a finalización do itinerario: Xestión comercial de vendas. Durante este período atoparon traballo seis profesionais formados neste itineraio, dous dos cales foron mulleres.
Neste itinerario os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para organizar, realizar e controlar as operacións comerciais en contacto directo có clientes ou a través de tecnoloxías da información e/ou comunicación, empregando en caso preciso, a lingua inglesa, coordinando o equipo comercial e supervisando as accións de promoción, difusión e venda de produtos e servizos.
Dende o vintedous de maio ate o vinte e cinco de setembro recibiron cincocentas trinta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:
- Organización comercial
- Xestión da forza de vendas e equipos comerciais
- Operacións de venda
- Promocións en espazos comerciais
- Inglés profesional para actividades comerciais
A maiores recibiron oitenta horas en informática e de fomento da igualdade entre homes e mulleres.
Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en sectores comerciais, en postos ou ocupacións relacionados con ocupacións de:
- Vendedores técnicos/as en xearl
- Axentes comerciais
- Representantes de comercio
- Encargados de tenda
- Xefe/a de vendas
- Coordinador/a comercial
- Supervisor de telemarketing
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil

